Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size default color brown color green color red color blue color

Destacados

Acto homenaxe no Val Miñor a Valentín Paz Andrade no Día das Letras Galegas.


- O acto terá lugar o vindeiro xoves 17 de maio ás 19:30 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío.
-Na actividade os empresarios do Val Miñor lerán poemas do homenaxeado e contarase coa participación do Coro Tradicional Cantares do Brión.

Está en:  Inicio Premio Victoriano Taibo Artigos Cinco finalistas no IV Premio de poesía Victoriano Taibo - Entidade Local Menor de Morgadáns.
Skip to content
Cinco finalistas no IV Premio de poesía Victoriano Taibo - Entidade Local Menor de Morgadáns. PDF Imprimir Correo-e

Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por Alvaro   
Cartel-IV-Premio-Victoriano-Taibo

O xurado do IV Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local Menor  de Morgadáns reuniuse o pasado 2 de setembro de 2011 para deliberar sobre os orixinais que, nun total de 47, se presentaron nesta convocatoria. A participación non só foi abundante senón tamén de gran calidade, como sinalaron unanimemente os membros do xurado, feito que dificultou a decisión de distinguir un dos libro co galardón deste ano polo que, nesta primeira reunión deliberatoria, decidiron seleccionar cinco finalistas para, en breves días, elixir un deles como gañador do certame.

Os títulos das obras seleccionadas, relacionadas por orde de recepción dos orixinais, son os seguintes:

·         Última viaxe ao mar

·         Tupperware

·         O vals e a rosa

·         A cidade imposible

·         Holocausto Zacoe

 

O gañador, cuxo nome e obra faranse públicos en breve, recibirá o premio co que está dotado este certame (3.000 € en metálico e unha peza escultórica de Fino Lorenzo) no transcurso dun acto que se celebrará a mediados de novembro, en cuxo momento será tamén presentado o libro gañador editado polo Instituto de Estudos Miñoranos.