Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size default color brown color green color red color blue color

Destacados

Acto homenaxe no Val Miñor a Valentín Paz Andrade no Día das Letras Galegas.


- O acto terá lugar o vindeiro xoves 17 de maio ás 19:30 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío.
-Na actividade os empresarios do Val Miñor lerán poemas do homenaxeado e contarase coa participación do Coro Tradicional Cantares do Brión.

Está en:  Inicio Premio Victoriano Taibo Artigos III Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns
Skip to content
III Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns PDF Imprimir Correo-e

Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por Alvaro   
cartel 2010 copia
Download this file (DIPTICO_2010.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte
O próximo 30 de xullo de 2010 remata o prazo de presentación de orixinais para o
III Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns

O Instituto de Estudos Miñoranos e a Entidade Local de Morgadáns convocan o III Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns ao que poderá concorrer calquera autor que envíe, antes do 30 de xullo próximo, ao enderezo Apartado 30, 36380, Gondomar, un libro de poemas escritos en galego cunha extensión mínima de 300 versos.

O premio está dotado con 3.000 €, unha peza escultórica do artista miñorán Fino Lorenzo, creada especialmente para este certame, e a publicación da obra premiada na colección Victoriano Taibo do IEM; o galardón será entregado nun acto cultural que se celebrará no edificio das Escolas de Guillufe (Morgadáns) na 2ª semana de novembro.

Na primeira convocatoria resultou gañadora o poemario Cultivos Transxénicos de Carlos Negro. Mentres que na segunda edición o xurado acordou conceder o premio ex aequo aos poemarios Cuarto Minguante, do que era autora Mª Carmen Caramés, e Biografía da Multitude, que resultou estar creado a dúas mans por Elvira Riveiro e Silvia Penas.

Pódense consultar as bases deste III Premio

Attachments:
DIPTICO_2010.pdf[Bases do Certamen ]1781 Kb