| Presentación do libro "Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX", de Tucho Calvo. |
| O IEM inicia as súas actividades en torno a Valentín Paz-Andrade (1898-1987), a figura que a Real Academia Galega consagrou o Día das Letras Galegas 2012, coa presentación do libro Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX, do xornalista, editor e escritor Tucho Calvo. O evento terá lugar este venres 27 de xaneiro ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas . Ademais do autor da obra, o acto contará coa presenza do fillo de Valentín Paz-Andrade e veciño de Gondomar, Alfonso Paz-Andrade e será presentado pola escritora e membro da Xunta de Goberno do IEM Marta Dacosta. |
Corrían os anos finais da década dos oitenta e os primeiros noventa do pasado século, cando, despois da experiencia acumulada tras a participación na loita pola mellora da lei de montes veciñais en man común, actualmente en vigor, un grupo de comunidades de montes do Val Miñor decatámonos da necesidade de agrupármonos, de traballar en común, pois a existencia das comunidades de montes e do propio monte veciñal en man común estaba en perigo. Decatámonos de que as comunidades de montes veciñais por si soas non tiñan futuro, que era urxente xuntármonos por comarcas. Decatámonos de que cumpría dar un paso adiante e ese era a constitución de mancomunidades de comunidades de montes tal e como reivindicaban as comunidades de montes en man común que formaban parte da Coordinadora de Montes de Galicia. Estas son as raíces da árbore que deu froito, a finais de 1990, na Mancomunidade de montes do Val Miñor. A primeira constituída en Galicia. E que á súa vez, foi o xermolo, a semente, que anos máis tarde, en 1999, floreceu na Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común. Organización da que as comunidades de montes do Val Miñor sentímonos satisfeitos, xa que é a única institución que defende os intereses do monte veciñal e das comunidades de montes. É a Organización Galega a responsable de que, a pesar dos moitos intereses económicos, especulativos..