- O acto terá lugar o vindeiro xoves 17 de maio ás 19:30 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío. -Na actividade os empresarios do Val Miñor lerán poemas do homenaxeado e contarase coa participación do Coro Tradicional Cantares do Brión.
O ceramista Miguel Vázquez contounos que decidiu xogar coa terra e o plástico alá polo ano 1999. Dous elementos que ao seu entender conxugan pasado e presente dos materias cos que o ser humano valeuse para crear e construír a súa historia. Desa combinación naceu anos despois WORK IN PROGRESS, unha construción-instalación plástica que inaugurouse o pasado venres 30 de marzo na Aula de Cultura Ponte de Rosas.
O prestixioso fotógrafo Enrique Touriño (veciño de Gondomar), será o encargado da presentación da exposición WORK IN PROGRESS, do plástico Miguel Vázquez, que terá lugar o vindeiro venres 30 de marzo ás 20:30 na Aula de Cultura Ponte de Rosas.
Adobe Flash Player not installed or older than 9.0.115!
Este venres 21 de outubro inaugurouse a exposición do pintor Miguel Mosquera: "nun lugar do mundo Oregón(Ourense), na Aula de Cultura "Ponte de Rosas. Logo da benvida do artista anfitrión Fino Lorenzo, o xornalista Camilo Franco presentou a Mosquera e a súa obra, á que cualificou como unha mirada indignada dende o arte á realidade.
O venres 9 de setembro ás 20:30h. na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) tivo lugar a inauguración da exposición Conservar a memoria do fotógrafo Chas. No acto inaugural ademais do autor estivo presente o director do Museo do Mar, Pablo Carrera. A exposición é resultado do proxecto promovido polo Museo do Mar de Galicia en colaboración co Centro de Estudos Fotográficos, estamos a falar da creación e posta en marcha das Bolsas de Creación Fotográfica "O Mar", que pretenden promover novos talentos en creación fotográfica partindo dun proxecto previo, necesariamente anovador, que fixa uns obxectivos que mediante o traballo de campo fotográfico plasmaranse nunha exposición.
O próximo venres 9 de setembro ás 20:30h. na Aula de Cultura “Ponte de Rosas” (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) terá lugar a inauguración da exposición Conservar a memoria de fotógrafo Chas.