Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size default color brown color green color red color blue color

Destacados

Presentación do libro "Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX", de Tucho Calvo.

O IEM inicia as súas actividades en torno a Valentín Paz-Andrade (1898-1987), a figura que a Real Academia Galega consagrou o Día das Letras Galegas 2012, coa presentación do libro Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX, do xornalista, editor e escritor Tucho Calvo. O evento terá lugar este venres 27 de xaneiro ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas . Ademais do autor da obra, o acto contará coa presenza do fillo de Valentín Paz-Andrade e veciño de Gondomar, Alfonso Paz-Andrade e será presentado pola escritora e membro da Xunta de Goberno do IEM Marta Dacosta.
Está en:  Inicio Sala de exposicións Artigos Curriculum Pepe Cáccamo
Skip to content
Curriculum Pepe Cáccamo PDF Imprimir Correo-e
Sala exposicións - Artigos
Escrito por Alvaro   

PepeCc2-1024x576

PEPE CÁCCAMO

(Nome artístico do escritor Xosé María Álvarez Cáccamo)

Vigo, 1950

En Ancoradoiro, volume editado por Espiral Maior no ano 2003, reúnense os seus libros de poesía publicados até aquela data. Desde aquela apareceron otros títulos poéticos, entre eles Manuscritos do ar ( colección Bourel, Santa Uxía de Ribeira, 2007) e Cántico dos topónimos esdrúxulos (Espiral Maior, A Coruña, 2010), libros nos que se mostra o diálogo entre as modalidades da poesía discursiva e visual de Pepe Cáccamo.

EXPOSICIÓNS

INDIVIDUAIS

  • 1989. Obxectos construídos. Pub "El Turco". Ourense.
  • 1993. Ensamblaxes. Galería AD HOC. Vigo.
  • 1994. Bonecos perversos. Café LICEUM. O Porrriño.
  • 1995. Obra perversa. Galería CITANIA. Santiago.
  • 2006. Underwood. O concepto e a letra. A CARÓN DO MAR. Cangas do Morrazo.
  • 2007. Underwood. AUDITORIO MUNICIPAL. Vilagarcía de Arousa.
  • 2007 Underwood. Galería SARGADELOS. A Coruña
  • 2010. Corpos de letra. Galería TRISQUEL E MEDULIO. Tui

COLECTIVAS

  • 1990. Arte embotellado. Turón (Astúries).
  • 1992. O río inferior. (Proxecto para unha fosa común) na colectiva Urxencias. Meira (Moaña). En colaboraxión con Beatriz García-Ramos, Ánxel Huete e María Xosé Ruíz.
  • 1992. Artistas do Morrazo. Pola solidariedade. Cangas do Morrazo.
  • 1994. A carón do mar. Cangas do Morrazo.
  • 1995. Ollo ao lixo. Itinerante por Galiza.
  • 1998. Poesía Visual. Congreso GALEUZCA. C.G.A.C, Santiago.