Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size default color brown color green color red color blue color

Destacados

Presentación do libro "Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX", de Tucho Calvo.

O IEM inicia as súas actividades en torno a Valentín Paz-Andrade (1898-1987), a figura que a Real Academia Galega consagrou o Día das Letras Galegas 2012, coa presentación do libro Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX, do xornalista, editor e escritor Tucho Calvo. O evento terá lugar este venres 27 de xaneiro ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas . Ademais do autor da obra, o acto contará coa presenza do fillo de Valentín Paz-Andrade e veciño de Gondomar, Alfonso Paz-Andrade e será presentado pola escritora e membro da Xunta de Goberno do IEM Marta Dacosta.
Está en:  Inicio Sala de exposicións Artigos Presentación de "Cántico dos topónimos esdrúxulos"
Skip to content
Presentación de "Cántico dos topónimos esdrúxulos" PDF Imprimir Correo-e
Sala exposicións - Artigos
Escrito por Alvaro   

 

PepeCc2-1024x576Coincidindo coa inauguración (10 de setembro de 2010) da exposición "MATERIAL METÁFORA" terá lugar a presentación do libro Cántico dos topónimos esdrúxulos de PEPE CÁCCAMO, editado por Espiral Maior nunha edición limitada de 100 exemplares con ilustracións do autor.

A presentación do libro correrá a cargo do membro da Xunta de Goberno do IEM Gonzalo Navaza Blanco e contaremos tamén coa presenza do editor Miguel Anxo Fernán Vello.

O acto rematará coa interpretación dalgúns poemas do libro a cargo de Santiago Ferragud (voz, guitarra) Marlene Rodrigues (voz) e Isaac Garabatos (guitarra), tres dos integrantes do proxecto XARDIN DESORDENADO

Attachments:
Download this file (caccamo web.pdf)caccamo web.pdf[folla informativa da exposición]7819 Kb