- O acto terá lugar o vindeiro xoves 17 de maio ás 19:30 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío. -Na actividade os empresarios do Val Miñor lerán poemas do homenaxeado e contarase coa participación do Coro Tradicional Cantares do Brión.
Adobe Flash Player not installed or older than 9.0.115!
A Aula de Cultura ponte de Rosas recibe a exposición PRE ARQUITECTURAS. PESCUDAS E ACHADOS do arquitecto Antonio Soliño Troncoso. Invitamos á inauguración o próximo venres 15 de outubro ás 20 horas na sede do IEM (Avda dá Feira Nº 10, Baixo - Gondomar). A presentación dos traballos estará a cargo do propio autor. Como adianto deixamos estes conceptos vertidos por Antonio Soliño no díptico da mostra:
"Nesta exposición o arquitecto amosa unha pequena selección de traballos proxectados para construír arquitecturas de pequena escala, que non sempre cristalizaron. Máis ben, poucas veces. Acompáñanlles algúns cadernos de viaxe, nesta ocasión só da península ibérica; algunhas maquetas conceptuais da serie "Territorios", dun marcado carácter obxetual, nas que o título non é parte menor da obra; e unhas poucas pezas de mobiliario, entendido e deseñado como elemento complementario da arquitectura.Todo iso pretende falar das súas reflexións, intereses, influencias, afinidades, dúbidas... dos seus límites. E interrogarte acerca dos teus." A exposición poderá ser visitada dende o 15 de outubro ata o 11 de novembro de 2011, no horario de 19 a 22 horas de luns a venres.