| O mal funcionamento das depuradoras e o tratamento deficiente do lixo industrial comprometen o futuro da Ría de Vigo. |
|
A contaminación e degradación das augas e a biodiversidade da Ría de Vigo están relacionadas cun tratamento deficiente das augas residuais urbanas, así como pola existencia de diversas instalacións industriais asentadas na zona, afirmaron os membros da Plataforma pola defensa da Ría de Vigo durante a presentación dun informe de situación no Instituto de Estudos Miñoranos. A denuncia xa está presentada ante a comisión de Peticións do Parlamento Europeo que a finais de xuño presentará un informe con recomendacións que seguramente "rematará nun bo tirón de orellas" ás autoridades opinou o presidente do colectivo, Serxio Regueira.
|
| WORK IN PROGRESS, exposición do ceramista Miguel Vázquez no IEM |
|
|
|
| Sala exposicións - Artigos | |||
| Escrito por IEM | |||
| Luns, 26 Marzo 2012 22:00 | |||
|
O próximo venres 30 de marzo ás 20:30h. na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) terá lugar a inauguración da exposición do ceramista Miguel Vázquez "WORK IN PROGRESS". A exposición permanecerá aberta na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar), sede do Instituto de Estudos Miñoranos, ata o 16 de maioen horario de 19h. a 21h. de luns a venres. Miguel Vázquez é profesor dende 1986 do Obradoiro de Cerámica da Escola de Artes e Oficios de Vigo e dende o 2000 membro da Academia Internacional de Cerámica con sede en Xenebra. Ten realizado exposicións individuais en Vigo, Ourense, Santiago, Madrid, no European Ceramics Work Centre 's-Hertogembosh (Holanda), Pontevedra, Barcelona, Xapón, Zaragoza. e participado en múltiples exposicións internacionais de carácter colectivo.
Para visitar a Web de Miguel Vázquez - Preme aquí
Para descargar o díptico da exposición - Preme aquí
Para descargar o cartel da exposición - Preme aquí Para descargar a invitación á inauguración - Preme aquí Ao remate compartiremos un copo de viño e uns petiscos
|