| Centos de narices de pallaso homenaxearon a Vidal Bolaño no Val Miñor. |
|
-Unha vida dramática, o espectáculo teatral deseñado por Miguel Anxo Mouriño foi estreado nun abarrotado Auditorio Lois Tobío, na celebración do Día das Letras Galegas. -Centos de narices vermellos simbolizaron a homenaxe do público ao gran dramaturgo que foi lembrado ao longo da obra e con pasaxes audiovisuais da súa pegada no cine e a televisión. |
| Aberta a instalación WORK IN PROGRESS na Aula de Cultura Ponte de Rosas. |
|
|
|
| Sala exposicións - Artigos | |||
| Escrito por IEM | |||
| Luns, 02 Abril 2012 22:26 | |||
|
O ceramista Miguel Vázquez contounos que decidiu xogar coa terra e o plástico alá polo ano 1999. Dous elementos que ao seu entender conxugan pasado e presente dos materias cos que o ser humano valeuse para crear e construír a súa historia. Desa combinación naceu anos despois WORK IN PROGRESS, unha construción-instalación plástica que inaugurouse o pasado venres 30 de marzo na Aula de Cultura Ponte de Rosas. O artista plástico, Fino Lorenzo, abriu o acto salientando que coa mostra de Miguel Vázquez a sala de exposición do IEM fornecía a súa vocación de espazo aberto a tódalas manifestacións artísticas nadas no país. "É a primeira exposición de cerámica que facemos aquí. A nosa intención é presentar sempre unha variedade multidisciplinar, xa fixemos de moda, de fotografía, de técnicas tradicionais... e da cerámica tíñamos ganas. Contamos para iso con Miguel que é realmente unha referencia nese campo". (Fot. Enrique Touriño) A continuación, Enrique Touriño quen ten percorrida a obra de Vázquez como fotógrafo das súas producións, sinalou o dobre valor deste autor, en tanto creador e mestre de novos artistas a través do seu traballo no Obradoiro de Cerámica da Escola de Artes e Oficios de Vigo. (Fot. Enrique Touriño) O acto inaugural pechoullo o propio artista quen escuouse de explicar a obra, no entendido de que ten quer ser ela a que fale por se mesma. Nembargante, expresou a súa ledicia pola exposición e as palabras do seu amigo Enrique Touriño. (Fot. Enrique Touriño) WORK IN PROGRESS permanecerá ata o vindeiro 16 de maio. O horario de visitas é de luns a venres de 19 a 21 horas. Para visitas de grupos e centros de ensino contactarse a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .
Para descargar o díptico da exposición - Preme aquí
|