|
O IEM -
Novas
|
|
Escrito por Xilberte Manso de la Torre
|
|

Chegounos a mala nova hai uns minutos. O compañeiro Xosé Reigosa finou esta tarde.
Compañeiro en SOS Groba, dende o primeiro día, en Salvemos Monteferro , en Galiza Non se Vende e en todo o activismo do ecoloxismo e os movementos sociais.
|
|
Ler máis...
|
|
|
O IEM -
Novas
|
|
Escrito por Xosé Manuel García Crego
|
|

Unha vez houbo un home que nunca dixo meu. Xosé Reigosa Solleiro foise de onda nós o 21 de febreiro de 2012.
Xaneiro de 2006. Acudo ao vello Bar Patos, en Patos, Panxón, Nigrán do Val Miñor. Convocatoria boca-orella. Preséntase un escrito: trátase de preservar Monteferro da razzia urbanizadora do momento. Abaixoasinamos. Nace Salvemos Monteferro, asociación socio-cultural de defensa medioambiental. De alí a pouco eliximos presidente: Xosé Reigosa, naturalmente.
|
|
Ler máis...
|
|
O IEM -
Novas
|
|
Escrito por IEM
|
|

O Instituto de Estudos Miñoranos informa aos seus socios/as , amigos/as da triste nova do falecemento de Xosé Reigosa Solleiro, ocorrido no día de hoxe, 21 de febreiro de 2012. Coa súa partida pérdese a un home que durante toda a súa vida traballou arreo na defensa do medio ambiente, así como en innumerables loitas polos dereitos do noso país e a súa xente.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Ciclos conferencias e obradoiros -
Artigos
|
|
Escrito por IEM
|
|

A Plataforma pola Defensa da Serra do Galiñeiro convoca para este sábado 25 de febreiro a unha XORNADA DE ESTUDO E REFLEXIÓN SOBRE A ENERXÍA EÓLICA. O encontro terá lugar no Auditorio Municipal do Areal (Antigo Reitorado), na Rúa Areal nº 46, en Vigo. De 17 a 20 horas desenvolveranse unha serie de palestras para dende as 20 ás 21 horas pasar a unha mesa redonda coa participación dos asistentes.
|
|
Ler máis...
|
|
Toponimia -
Artigos
|
|
Escrito por IEM
|
|

O Instituto de Estudos Miñoranos xunto cos Concellos de Vigo, Pontevedra e Ourense , coa colaboración da Área de Normalización Lingüística, A Lingua Latexa e a Vicerreitoría de Extensión Universitaria e a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, organizan un curso co obxecto de formar especialistas en recollida de toponimia. O mesmo terá lugar no mes de marzo nas cidades de Vigo, Pontevedra e na vila de Gondomar. A inscrición está aberta até o 22 de febreiro.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 1 de 87 |