Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Centos de narices de pallaso homenaxearon a Vidal Bolaño no Val Miñor.

-Unha vida dramática, o espectáculo teatral deseñado por Miguel Anxo Mouriño foi estreado nun abarrotado Auditorio Lois Tobío, na celebración do Día das Letras Galegas.

-Centos de narices vermellos simbolizaron a homenaxe do público ao gran dramaturgo que foi lembrado ao longo da obra e con pasaxes audiovisuais da súa pegada no cine e a televisión.

Está en:  Inicio Seccións Arqueoloxia
Skip to content
Sección Arqueolóxica do IEM. PDF Imprimir Correo-e

Arqueoloxía - Novas
Escrito por IEM   
Mércores, 14 Xullo 2010 20:05
Dende os inicios do IEM a Sección de Arqueoloxía, coordinada polos arqueólogos Eduardo Méndez Quintas, especialista en Paleolítico, e Xosé Lois Vilar, especialista en Arte Rupestre, desenvolve unha intensa actividade no Val Miñor e alén da bisbarra. Ademais das pescudas en xacementos arqueolóxicos, a sección realiza intervencións na conservación e musealización do patrimonio prehistórico en convenio con concellos, comunidades de montes e outras asociacións e institucións.
Conxuntamente con estas actuacións, en convenio con institutos forenses o baixo solicitude do Poder Xudicial realiza traballos de exhumacións nas fosas comúns da represión franquista en todo o territorio galego.
Os informes destas actividades atópase na colección das Revistas do IEM, así como en diversas publicacións editadas pola institución. A partir do ano 2009, estase a dixitalizar parte deste material así como a inserir artigos informativos e documentación neste portal, tamén nunha serie de blogs específicos que co xeito de facilitar o seguimento das diversas actividades estanse a crear.
Nota: A procura de información específica pode realizarse a través do buscador e menú da web, ou tamén no seguinte índice de blogs:
Paleolítico
Xacemento arqueolóxico de Chan do Cereixo (Gondomar)
Xacemento arqueolóxico O Cabrón (Arbo)
Xacemento arqueolóxico de Porto Maior (As Neves)
Exhumacións
Volta dos Nove (Baiona)
Fosas de San Xián (O Rosal)
Fosas cemiterio de Grandal (Vilarmaior)
Outras intervencións
Estación de Outeiro dos Lameiros (Santa Cristina da Ramallosa – Baiona)
Rutas etno-arqueolóxicas dos montes de Couso (Couso – Gondomar)
Rutas etno-arqueolóxicas e musealización no parque forestal de Saiáns (Saíans – Vigo)