| Centos de narices de pallaso homenaxearon a Vidal Bolaño no Val Miñor. |
|
-Unha vida dramática, o espectáculo teatral deseñado por Miguel Anxo Mouriño foi estreado nun abarrotado Auditorio Lois Tobío, na celebración do Día das Letras Galegas. -Centos de narices vermellos simbolizaron a homenaxe do público ao gran dramaturgo que foi lembrado ao longo da obra e con pasaxes audiovisuais da súa pegada no cine e a televisión. |
| Curso da UMP en Gondomar: "Dende o balado ao clic. A construción das novas sociedades rurais galegas" |
|
|
|
| Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos | |||
| Escrito por IEM | |||
| Mércores, 27 Xuño 2012 20:35 | |||
|
O IEM organiza no vindeiro mes de setembro o Curso da Universidade Internacional Menéndez Pelayo: "Dende o badal ao clic. A construción das novas sociedades rurais galegas". O mesmo terá lugar os días 6-8 de Setembro de 2012, na Aula de Cultura Ponte de Rosas. Os interesados en inscribirse se deben comunicar ao teléfono 986 360 575 (18 a 22 horas) ou a través dos correos electrónicos: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo / Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . Obxectivos do curso:Preténdese dar unha visión global da evolución das sociedades rurais nos seus aspectos organizativos, representativos, culturais, demográficos, lingüísticos, ... dende as formas de poboación antigas ata a complexidade das sociedades modernas. Por outra banda, tamén se analizará como a complexidade propia das urbes se está a exportar ós pequenos núcleos de poboación e que consecuencias está a ter na convivencia inter e intrapobos. Como se están modificando os hábitos, os costumes, as formas de vida, o hábitat, os servizos e, en definitiva, como van mudando os valores desas sociedades, en teoría menos evolucionadas, que son as aldeas do noso pais. Temario: A incorporación dos novos urbanitas ao medio rural. Cambios sociais e participación nas estruturas rurais. A organización territorial no rural. Evolución histórico-social, política e administrativa. A toponimia no rural. Transformación ou substitución. O Municipalismo nas novas sociedades rurais e periurbanas. Accións de futuro Preme aquí para descargar o programa completo. Créditos universitarios: Universidade de Santiago de Compostela: 1 Universidade de Vigo: 1 Universidade d'A Coruña: 2 Inscricións: IEM. Ave. da Feira, 10 Baixo. 36380 Gondomar Tel.: +34 986 360 575 | Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo www.minhor.org Director do Curso: José Eladio Ferro Fontenla Licenciado en Psicoloxía e en Pedagoxía Titular da área de Sobredotación e Altas Capacidades Secretario: Carlos Méixome Quinteiro Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación Profesor de Xeografía e Historia no Ensino Secundario Organiza: Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) Colaboran: Concello de Gondomar - Concello de Tomiño
|