- O acto terá lugar o vindeiro xoves 17 de maio ás 19:30 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío. -Na actividade os empresarios do Val Miñor lerán poemas do homenaxeado e contarase coa participación do Coro Tradicional Cantares do Brión.
Temos no Val Miñor, como en todo o país, un gran patrimonio etnográfico que se está a perder por motivos diferentes. Dende o Instituto de Estudos Miñoranos queremos recoller en fichas todo o patrimonio que poidamos co obxectivo de ir facendo o Catálogo do Patrimonio Etnográfico do Val Miñor .
O mal chamado patrimonio pobre é o menos valorado, ás veces por estar máis achegado, máis próximo e, tamén, por perder o valor de uso que outrora tivo. Recoller en fichas as características, localización e todos os dados, se pode ser acompañados de fotos, dos elementos a catalogar é un labor moi importante que nos vai permitir coñecer máis e mellor o noso patrimonio, e facilitar no posible que non se perda.
Necesitamos a axuda de todo aquel que queira colaborar enviándonos cuberta esta ficha para , nunha primeira fase, facer un rexistro o máis axhaustivo posible de todo o patrimonio que temos nos tres concellos do Val Miñor e os arredores. Nunha segunda fase completaremos as fichas e iremos facendo a súa clasificación.
Adobe Flash Player not installed or older than 9.0.115!
Compartimos o informe realizado pola TVE sobre os traballos de musealización e os roteiros arqueolóxicos nos montes da parroquia de Couso. Esta intervención, promovida pola Comunidade de Montes Veciñais de Couso foi executada pola Sección de Prehistoria e Arqueoloxía do Instituto de Estudos Miñoranos.
Adobe Flash Player not installed or older than 9.0.115!
O tradicional curro de agosto (da Mosca) celebrouse unha vez máis na parroquia de Mougás no concello de Oia, o pasado domingo 21. O obxecto desta actividade é colocar vacinas e desparasitar as bestas, fundamentalmente de moscas e carranchos. Lembramos que no pasado mes de xullo xa tivera lugar outra para marcar e tamén vacinar os animais.