Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size default color brown color green color red color blue color

Destacados

Acto homenaxe no Val Miñor a Valentín Paz Andrade no Día das Letras Galegas.


- O acto terá lugar o vindeiro xoves 17 de maio ás 19:30 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío.
-Na actividade os empresarios do Val Miñor lerán poemas do homenaxeado e contarase coa participación do Coro Tradicional Cantares do Brión.

Está en:  Inicio Seccións Memoria Histórica
Skip to content
IEM: Memoria Histórica PDF Imprimir Correo-e

Memoria histórica - Artigos
Escrito por IEM   

Unha das actividades permanentes do Instituto de Estudos Miñoranos é o labor de recuperación da memoria, da memoria histórica, iniciada en 2004 en relación coa recuperación dun lugar de memoria como é a "Volta dos Nove". No ano seguinte constitúese unha Comisión para a realización dun monumento dos nove veciños do Val Miñor alí asasinados e que foi inaugurado o 15 de outubro de 2005. Dende aquela data todos os anos se celebra un acto na súa lembranza.

O 24 de xullo de 2006, declarado polo Goberno Galego "Ano da Memoria", arribou ao porto de Baiona o Barco da Memoria e o IEM realizou unha serie de actividades no mesmo que serviron de base á publicación do libro-disco-DVD "Arte e memoria. Arte é memoria" que tivo lugar en abril de 2009.

En colaboración con outras asociacións da memoria do sur de Galicia promoveuse a exposición e o documental "Antón Alonso Ríos: O siñor Afranio" e realizáronse xeiras polas paraxes miñoranas polas que andou fuxido Antón Alonso Ríos.

En 2008 realizouse  unha homenaxe aos mestres e mestras miñoranas represaliadas polo franquismo e en abril de 2009 a apertura das dúas fosas comúns de San Xián (O Rosal) e de Baiona. En xuño de 2010 foron entregados aos familiares os restos dos tres cadáveres exhumados na fosa 1 de San Xián.

Dende 2009 estamos a traballar no estudo das Causas Militares instruídas contra veciñas e veciños do Val Miñor.

Seccións

Volta dos nove

Fosas de San Xián

Causas Militares

Artigos

Novas