Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

O mal funcionamento das depuradoras e o tratamento deficiente do lixo industrial comprometen o futuro da Ría de Vigo.

A contaminación e degradación das augas e a biodiversidade da Ría de Vigo están relacionadas cun tratamento deficiente das augas residuais urbanas, así como pola existencia de diversas instalacións industriais asentadas na zona, afirmaron os membros da Plataforma pola defensa da Ría de Vigo durante a presentación dun informe de situación no Instituto de Estudos Miñoranos. A denuncia xa está presentada ante a comisión de Peticións do Parlamento Europeo que a finais de xuño presentará un informe con recomendacións que seguramente "rematará nun bo tirón de orellas" ás autoridades opinou o presidente do colectivo, Serxio Regueira.
Está en:  Inicio Seccións Proxectos pedagóxicos
Skip to content
Proxectos Pedagóxicos PDF Imprimir Correo-e

Proxectos pedagóxicos - Novas
Escrito por IEM   
Mércores, 14 Xullo 2010 20:05
Na tarefa de conservar e divulgar o patrimonio material e inmaterial da bisbarra, os proxectos pedagóxicos ocupan un lugar central. Nese senso, o IEM desenvolve diversos traballos cara aos centros de ensino e o público en xeral. Os mesmos, na súa maioría son froito das pescudas e intervencións das distintas Seccións que conforman o instituto.A localización e descarga dos mesmos se pode facer picando nos cadros temáticos situados aquí debaixo. O seu uso e divulgación son libres, có único requisito de mencionar as fontes.
-Preme na imaxe do proxecto que desexa ver ou descargar
-Deseguido abrirase unha páxina cunha descrición do material e o enlace para a descarga.
alto-da-medona-descargarA-Nosa-Historia