| Centos de narices de pallaso homenaxearon a Vidal Bolaño no Val Miñor. |
|
-Unha vida dramática, o espectáculo teatral deseñado por Miguel Anxo Mouriño foi estreado nun abarrotado Auditorio Lois Tobío, na celebración do Día das Letras Galegas. -Centos de narices vermellos simbolizaron a homenaxe do público ao gran dramaturgo que foi lembrado ao longo da obra e con pasaxes audiovisuais da súa pegada no cine e a televisión. |
| Últimos lugares para inscribirse no curso "Dende o badal ao clic" da UIMP organizado polo IEM. |
|
|
|
| Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos | |||
| Escrito por IEM | |||
| Venres, 17 Agosto 2012 19:19 | |||
|
Informamos que quedan as últimas prazas para anotarse no curso "Dende o badal ao clic", unha proposta académica da Universidad Internacional Ménendez Pelayo (UIMP) co obxectivo de preparar a profesionais, estudantes e público en xeral, ante os desafíos que presentan as novas transformacións que está a sufrir o medio rural en Galicia. O curso se desenvolverá os días 6,7 e 8 de setembro na Aula de Cultura Ponte de Rosas (sede do Instituto de Estudos Miñoranos), en Gondomar e o prazo de inscrición vence o vindeiro martes 4 de setembro. O curso aportará unha visión global da evolución das sociedades rurais, nos seus aspectos organizativos, representativos, culturais, demográficos, sociolóxicos e lingüísticos entre outros. As palestras estarán a cargo de membros da UIMP, o IEM, e as universidades de Vigo e Santiago. Para o tratamento do eido urbanístico e municipal contarase con dúas mesas redondas integradas por destacados profesionais do eido así como polos alcaldes de Lugo, Lalín e Pontevedra. Para inscribirse se debe achegar unha solicitude ao correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , contendo: Nome e apelidos, DNI, enderezo, código postal, teléfono e estudos ou profesión. O custe da matrícula é de 65 euros para os inscritos a través deste correo electrónico pertencente ao IEM. Unha vez feita a solicitude, o IEM achegará aos inscritos o número de conta onde deben facer efectiva a matrícula. Está dispoñible o teléfono 986360575 para consultas os días luns a venres de 18 a 22 horas. Organización O curso desenvolverase na sede do IEM, na Avenida da Feira, Nº 10, baixo (Gondomar). O curso da UIMP, está organizado polo IEM e conta coa colaboración dos Concellos de Gondomar, Baiona e Tomiño. José Eladio Ferrero Fontenla (Licenciado en Psicoloxía e en Pedagoxía e Titular da área de Sobredotación e Altas Capacidades) é o director do curso. Carlos Méixome Quinteiro (Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación e Director do IEM) é o secretario. Créditos: O curso xerará 1 crédito para as Universidades de Santiago de Compostela e Vigo; e 2 para a Universidade d'A Coruña.
Programa Xoves 6 de setembro
Venres 7 de setembro
Sábado 8 de setembro
|