Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Centos de narices de pallaso homenaxearon a Vidal Bolaño no Val Miñor.

-Unha vida dramática, o espectáculo teatral deseñado por Miguel Anxo Mouriño foi estreado nun abarrotado Auditorio Lois Tobío, na celebración do Día das Letras Galegas.

-Centos de narices vermellos simbolizaron a homenaxe do público ao gran dramaturgo que foi lembrado ao longo da obra e con pasaxes audiovisuais da súa pegada no cine e a televisión.

Está en:  Inicio Seccións
Skip to content
IEM - Instituto de Estudos Miñoranos
Colaboracións Literarias: “O bosque”, por Eva Rodríguez Ferreiros. PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Mércores, 27 Marzo 2013 00:02

o-bosque

A escritora Eva Rodríguez Ferreiros (Currelos, Saviñao), achéganos "O bosque", un relato que convida a percorrer a Galicia rural, da man dunha prosa poética e duns tenros protagonistas que a canda nosa imaxinación permítenos unha viaxe no tempo e no espazo.
Ler máis...
 
Respirando a Álvaro Cunqueiro a través da súa obra. PDF Imprimir Correo-e
Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Escrito por IEM   
Mércores, 20 Marzo 2013 23:37

ani_cesar

A grande obra de Álvaro Cunqueiro espallada en diversas revistas, xornais e outras publicación estará dispoñible na súa  case totalidade nos próximos anos, informounos César Cunqueiro, durante o coloquio titulado “Álvaro Cunqueiro e a metafísica do instante”. Unha achega que se constituirá como un gran diario persoal do autor, ademais de fornecer a biblioteca dos seguidores do escritor de Mondoñedo, dos seus estudosos e críticos.

Ler máis...
 
Colaboracións Literarias: "Contos da estrada, un xogo literario para improvisar microcontos", por Carmen Penim. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Martes, 19 Marzo 2013 23:07

perfil_tolemias

Nesta cuarta entrega das Colaboración Literarias atopámonos con dous microcontos nacidos dun xeito moi particular. Cóntanos Carmen Penim que xorden das longas viaxes que fai a Italia co pianista romano Maurizio Polsinelli , o seu compañeiro do dúo 2naFronteira. Fan un xogo onde Polsinelli dálle tres palabras e con elas ten que construír un conto no momento. Ela di que non sabe que ten a estrada, pero "aí están".
 
“O Costume”, por Victoriano Taibo García. PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Mércores, 20 Marzo 2013 22:42

o-costume-edit

"O gran poeta que escribiu este artigo é dos mais dilectos e admirados irmáns da Galiza." Con estas verbas presentaba a redacción da revista A Fouce o artigo titulado O Costume (que hoxe reproducimos), autoría de Victoriano Taibo, e publicado o 15 de xuño de 1930 en Bos Aires (Arxentina). Daquela, Victoriano levaba dous meses instalado na Casa de Ulla, exercendo como mestre en Morgadáns, e xa publicara as obras Abrente (1922) e Da vella roseira (1924); ademais dunha serie de colaboración en numerosas revistas, principalmente galeguistas.
Ler máis...
 
Testemuños dunha mesa agro-gandeira no IEM. PDF Imprimir Correo-e
Tertulias - Artigos
Escrito por IEM   
Luns, 18 Marzo 2013 19:04

mesa_ecoloxica

O pasado 1 de marzo, o biólogo César Lema (especializado en agricultura e permacultura) e máis Roberto Álvarez (Facenda O Agro) analizaron a realidade da agricultura ecolóxica así como as súas perspectivas a partir das experiencias desenvolvidas por ambos os dous en diversos emprendementos agro-gandeiros.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 8 de 139