|
Tertulias -
Artigos
|
|
Escrito por Alvaro
|
|
Este noveno ciclo consecutivo dará comezo o próximo venres 8 de outubro. Como é costume os faladoiros terán lugar preferentemente o primeiro venres de cada mes, dende outubro a xuño, e comezarán ás 20:30h. Terán lugar na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, sita na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar).
Tamén como é tradicional, despois do acto aberto ao público en xeral haberá unha cea coa persoa convidada que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe Gondomar á que se poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza no teléfono 986 360 575 ou no 680 644 4 90 ou ben no correo electrónico
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Este novo ciclo será diverso na súa temática e abranguerá dende a literatura dramática (Candido Pazó) ata o desxeo dos casquetes polares (Debora Iglesias-Rodríguez), pasando pola normalización da lingua (Xosé González Martínez), o Humor Gráfico ("Xosé Lois O Carrabouxo"), a historia (Xusto Beramendi), a relixión (Victorino Pérez Prieto) o xornalismo e o guión televisivo (Xosé Manuel Pereiro, Araceli Gonda) ou a música cos membros de Berrogüeto. Coidamos que esta multiplicidade temática é o atractivo deste novo ciclo de faladoiros.
Achegamos para descargar o calendario.
|