| Acto homenaxe no Val Miñor a Valentín Paz Andrade no Día das Letras Galegas. |
|
|
| TERTULIA con Ofelia Rey Castelao " Galicia, país sen santas: Monxas e beatas na Idade Moderna" |
|
|
|
| Tertulias - Calendario | |||
| Escrito por IEM | |||
|
Este venres, 17 de febreiro, TERTULIA do IEM coa catedrática de Historia Moderna da Universidade de Santiago, Ofelia Rey Castelao, recentemente distinguida co premio María Josefa Wonenburger 2011, que concede a Unidade Muller e Ciencia de Galicia. O faladoiro terá por título "Galicia, país sen santas: Monxas e beatas na Idade Moderna". A profesora Ofelia Rey Castelao será presentada por Xosé Lois Vilar, historiador e arqueólogo, membro da Xunta de Goberno do IEM. Como é costume o faladoiro terá lugar na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, na Aula de Cultura “Ponte de Rosas” (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) e será o próximo venres 17 de febreiro de 2012 ás 20:30h. Como é tradición, despois do acto aberto ao público en xeral haberá unha cea coa persoa convidada que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe Gondomar á que se poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza no teléfono 986 360 575 ou no 680 644 4 90 ou ben no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo Ofelia Rey Castelao: É Catedrática de Historia Moderna na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago. Directora da revista Obradoiro de Historia Moderna (1990-2005). Responsable para a Europa Mediterránea da International Commision of Historical Demography. Foi Directeur d'études en Ecole des Hautes Etudes en Sciences Sociales en París nos anos 2004-2005. Dirixe desde 1992 doce proxectos de investigación de ámbito estatal e internacional. É autora de doce libros e de más de cen artigos sobre diversos temas -demografía histórica, historia rural, historia social-, nos últimos anos dedícase á historia cultural e en especial ao estudo dos condutos de difusión da cultura. Bibliografía: 2009 - Historia das Mulleres en Galicia (Ofelia Rey Castelao, Serrana M. Rial García)(Editorial Nigratea, Vigo) 2006 - Os mitos do apóstolo Santiago (Ofelia Rey Castelao) (Nigratea, Vigo) 2003 - Libros e lectura en Galicia (Ofelia Rey Castelao) (Xunta de Galicia) 2002 - Textos Clásicos sobre a historia de Galicia (Ofelia Rey Castelao) (MAPFRE) 1999 - Historia crítica de los falsos cronicones (José Godoy Alcántara, Ofelia Rey Castelao) (Universidad de Granada) 1998 - A Galicia clásica e barroca (Ofelia Rey Castelao) (Galaxia, Vigo) 1998 - Pobres, peregrinos e enfermos. A rede asistencial galega no antigo réxime (Baudilio Barreiro Mallón, Ofelia Rey Castelao) (Nigratea, Vigo) 1995 - Montes e política forestal na Galicia do antigo réxime (Ofelia Rey Castelao) (Universidade de Santiago de Compostela) 1992 - Los Gallegos y América (Antonio Eiras Roel, Ofelia Rey Castelao) (MAPFRE) 1992 - Poder e privilexios na Europa do século XVIII (Ofelia Rey Castelao) (Síntesis) 1985 - A historiografía do Voto de Santiago. Recompilación crítica dunha polémica histórica (Ofelia Rey Castelao) (Universidade de Santiago de Compostela) 1981 - Aproximación á historia rural na comarca da Ulla (Ofelia Rey Catelao) (Universidade de Santiago de Compostela.
|