Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size default color brown color green color red color blue color

Destacados

Acto homenaxe no Val Miñor a Valentín Paz Andrade no Día das Letras Galegas.


- O acto terá lugar o vindeiro xoves 17 de maio ás 19:30 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío.
-Na actividade os empresarios do Val Miñor lerán poemas do homenaxeado e contarase coa participación do Coro Tradicional Cantares do Brión.

Está en:  Inicio Toponimia Artigos Presentación da colección "O nome dos lugares" en Saiáns.
Skip to content
Presentación da colección "O nome dos lugares" en Saiáns. PDF Imprimir Correo-e

Toponimia - Artigos
Escrito por Alvaro   
Get Adobe Flash Player here
Get Adobe Flash Player here
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

JavaScript is disabled!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

Cunha percorrida polos roteiros etnoarqueolóxico de Estea-Cal de Outeiro, e de Arte Rupestre coa guía do arqueólogo Xosé Lois Vilar (IEM) deu comezo a presentación da colección "O nome dos lugares" e o seu primeiro número "Saiáns".  O profesor Pablo Cabral Pedreira fixo unha breve pero enxeñosa presentación  do autor do texto, o investigador Gonzalo Navaza ( incluída no audio que achegamos ao final da nota). Navaza salientou que a obra é  froito da recollida de toponimia feita polo arqueólogo Roberto Rodríguez (IEM). Finalmente pechou o acto Uxío González Pérez, presidente da Comunidade de Montes de Saiáns quen valorou o esforzo de comuneiros e investigadores na achega destes traballos.

Ambas iniciativas foron presentadas no acto público que deu  comezo ás 11h. do sábado 4 de xuño no Parque Forestal de Saiáns. Inicialmente o arqueólogo do IEM, Xosé Lois Vilar Pedreira guiou un percorrido polos muíños, petróglifos e polo castro do Alto da Medoña, detendo aos asistentes nos paneis explicativos que se colocaron.

De regreso ao Parque Forestal de Saiáns presentouse o primeiro número da nova colección do IEM "O nome dos lugares" no que se recolle un estudo sobre a toponimia da parroquia realizado polo prof. da Universidade de Vigo e membro da Comisión de Toponimia de Galicia, Gonzalo Navaza, a partir da recollida realizada polo arqueólogo Roberto Rodríguez Álvarez.  Navaza interveu no acto en compañía de Pablo Cabral Pedreira, Director da Área de Normalización Lingüística da U. Vigo que colabora na edición do libro, e Uxío González Pérez, presidente da Comunidade de Montes de Saiáns .

A Comunidade de Montes "SAN XURXO" de Saiáns  emprendeu unha serie de iniciativas (área etno-arqueolóxica de Saiáns, eliminación de acacia e eucalipto, sendeiro etnográfico, sendeiro arqueolóxico, etc.), e impulsou un importante investimento que significou a posta en valor do Castro do Alto da Medoña (Estea) cunha  achega por parte do AGADER e un moi importante esforzo económico da Comunidade de Montes. O traballo intenso da Xunta Rectora e a colaboración dos comuneiros permitiu a exhaustiva recollida  de toponimia realizada por Roberto Rodríguez e o estudo de Gonzalo Navaza. A colaboración da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo permitiu esta publicación que inicia unha colección na que o IEM pretende recoller os traballos sobre toponimia. Esta colaboración coa Universidade de Vigo é posible ao abeiro dun convenio específico asinado co IEM o pasado mes de marzo.

O estudo da toponimia da parroquia de Saiáns foi realizado a partir dos topónimos recollidos en traballo de campo executado no inverno de 2009-2010. Cos resultados desta pescuda confeccionouse unha base de datos adaptada ao modelo do Proxecto Toponimia de Galicia.

O libro vai acompañado dun CD no que se recolle un mapa da parroquia cos topónimos incorporados.

 

JavaScript is disabled!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.