O IEM inicia as súas actividades en torno a Valentín Paz-Andrade (1898-1987), a figura que a Real Academia Galega consagrou o Día das Letras Galegas 2012, coa presentación do libro Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX, do xornalista, editor e escritor Tucho Calvo. O evento terá lugar este venres 27 de xaneiro ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas . Ademais do autor da obra, o acto contará coa presenza do fillo de Valentín Paz-Andrade e veciño de Gondomar, Alfonso Paz-Andrade e será presentado pola escritora e membro da Xunta de Goberno do IEM Marta Dacosta.
Como ben sabedes no pasado mes de outubro o Instituto de Estudos Miñoranos cumpriu dez anos de andaina e troupeleo polo Val de Miñor e polo país adiante. Dez anos de reunións e proxectos, de entrevistas solicitando recursos, un local, apoio institucional,... para divulgar e impulsar a cultura e o patrimonio natural, histórico, artístico, arquitectónico, etnográfico, lingüístico… dos tres concellos do Val de Miñor, para promover a realización e publicación de estudos, para fomentar a conservación e o respecto polo patrimonio miñorano, fondamente inmersos, dende unha perspectiva humanista e universalista, na defensa e promoción da nosa identidade, do noso idioma e da nosa cultura.
Dez anos de ideas que medran e ideas que morren, proxectos que conseguen ver a luz e proxectos que dormen hibernados. Dez anos de erros involuntarios e sobre todo de moita vontade e esforzo.
10ª aniversario do IEM en imaxes
Adobe Flash Player not installed or older than 9.0.115!

Escolma fotográfica do Acto Poético Musical no Auditorio Luis Tobío.
Como ben sabedes no pasado mes de outubro o Instituto de Estudos Miñoranos cumpriu dez anos de andaina e troupeleo polo Val de Miñor e polo país adiante. Dez anos de reunións e proxectos, de entrevistas solicitando recursos, un local, apoio institucional,... para divulgar e impulsar a cultura e o patrimonio natural, histórico, artístico, arquitectónico, etnográfico, lingüístico… dos tres concellos do Val de Miñor, para promover a realización e publicación de estudos, para fomentar a conservación e o respecto polo patrimonio miñorano, fondamente inmersos, dende unha perspectiva humanista e universalista, na defensa e promoción da nosa identidade, do noso idioma e da nosa cultura.
O 27 de outubro de 1999 constituíse o Instituto de Estudos Miñoranos (IEM). Naquela altura fixábase como obxectivos:
Divulgar a cultura e, en xeral, todo o referente ao patrimonio natural, histórico, artístico, arquitectónico, etnográfico, lingüístico, etc. dos tres concellos do Val Miñor.
Promover a realización de estudos de todo tipo sobre os ámbitos sinalados
Impulsar calquera actividade encamiñada á divulgación destes aspectos
Fomentar a conservación e respecto polo patrimonio miñorano como un ben económico