| Acto homenaxe no Val Miñor a Valentín Paz Andrade no Día das Letras Galegas. |
|
|
| X Aniversario do IEM |
|
|
|
| X aniversario IEM - Artigos | |||||
| Escrito por Alvaro | |||||
|
Como ben sabedes no pasado mes de outubro o Instituto de Estudos Miñoranos cumpriu dez anos de andaina e troupeleo polo Val de Miñor e polo país adiante. Dez anos de reunións e proxectos, de entrevistas solicitando recursos, un local, apoio institucional,... para divulgar e impulsar a cultura e o patrimonio natural, histórico, artístico, arquitectónico, etnográfico, lingüístico… dos tres concellos do Val de Miñor, para promover a realización e publicación de estudos, para fomentar a conservación e o respecto polo patrimonio miñorano, fondamente inmersos, dende unha perspectiva humanista e universalista, na defensa e promoción da nosa identidade, do noso idioma e da nosa cultura. Dez anos de ideas que medran e ideas que morren, proxectos que conseguen ver a luz e proxectos que dormen hibernados. Dez anos de erros involuntarios e sobre todo de moita vontade e esforzo.
10ª aniversario do IEM en imaxes
Escolma fotográfica do Acto Poético Musical no Auditorio Luis Tobío.
Cea no restaurante Rocamar
Pica aquí para ver as adhesións recibidas polos 10 anos do IEM Pica aquí para ver o libreto dos 10 anos do IEM Achegamos artigos para baixar en formato pdf
|