| Acto homenaxe no Val Miñor a Valentín Paz Andrade no Día das Letras Galegas. |
|
|
| O Instituto de Estudios Miñoranos cumpre 10 anos |
|
|
|
| X aniversario IEM - Artigos | |||
| Escrito por IEM | |||
|
O Instituto de Estudos Miñoranos cumpre 10 anos
O 27 de outubro de 1999 constituíse o Instituto de Estudos Miñoranos (IEM). Naquela altura fixábase como obxectivos:
O documento fundacional sinalaba que o IEM baséase nos seguintes postulados:
Despois de dez anos de intenso traballo consideramos que os obxectivos fundacionais foron acadados e a actividade desenvolvida polo Instituto de Estudos Miñoranos nesta década deixou xa a súa pegada sobre a sociedade miñorana e, mesmo, sobre a galega. Así mesmo consideramos que os postulados básicos indicados no documento fundacional foron a guía permanente de actuación do IEM nestes dez anos pasados. Non é a nosa intención facer un reconto das actividades desenvolvidas polo IEM dende a súa fundación, senón simplemente lembrar un traballo que deu o froito desexado e animar a sociedade miñorana a achegarse a este proxecto cultural para que, cando menos, perdura dez anos máis. Nos vindeiros meses de xaneiro e febreiro a Xunta de Goberno do IEM desenvolverá unha serie de actos en lembranza destes dez anos de actividade ininterrompida. Será daquela o momento de facer reconto. Agora só se trata de congratularnos por este décimo aniversario. Val Miñor 29 de outubro de 2009 Asdo: Carlos Méixome Quinteiro Director do IEM
|