- O acto terá lugar o vindeiro xoves 17 de maio ás 19:30 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío. -Na actividade os empresarios do Val Miñor lerán poemas do homenaxeado e contarase coa participación do Coro Tradicional Cantares do Brión.
A Concellería de Patrimonio de Pontevedra organizou unha visita o pasado sábado 10 de decembro ao Val Miñor. Acompañados dunhas 70 persoas percorreron algúns dos espazos intervidos polo IEM para a súa posta en valor. A maioría dos visititantes proviñan do concello de Pontevedra, entre eles, un nutrido grupo de veciños da parroquia de Salcedo.
Adobe Flash Player not installed or older than 9.0.115!
O equipo de arqueólogos e das xeiras do Instituto de Estudos Miñoranos trasladouse o pasado venres 30 de setembro ao concello de Cotobade, onde se fixo unha percorrida pola arte rupestre na parroquia de San Xurxo de Sacos. O punto de encontro foi na Casa do Pobo de San Xurxo de Sacos onde o especialista Xosé Lois Vilar (IEM) mantivo un coloquio sobre "Arte Rupestre en Galicia". Posteriormente o equipo de xeiras trasladou aos visitantes ata os lugares de observación. A percorrida incluíu os petróglifos Do Lombo, Da Costa, Da Portela da Cruz e A Laxe do Cuco.
Con gran éxito cumpriuse a visita ó Pazo do Conde de Gondomar. Máis de 200 persoas participaron da derradeira xeira da tempada do verán 2011, nesta ocasión guiada polo arquitecto Antonio Soliño Troncoso. A actividade desenvolveuse dende as 18 horas, cun coloquio introdutorio a cargo de Soliño e Carlos Méixome. Posteriormente os participantes foron a pé ata o pazo onde Gonzalo de Córdoba e Narváez, actual conde de Gondomar recibiu aos visitantes.
Adobe Flash Player not installed or older than 9.0.115!
A visita ao Castro de Santa Tegra (A Guarda) comezou cun coloquio sobre "Escenas da arte rupestre en Galicia", a cargo do arqueólogo Xosé Lois Vilar na Casa da Cultura, da que participaron próximo ás 180 persoas. Inmediatamente despois, unha longa columna avanzou ata o Castro de Santa Tegra, onde tamén baixo a guía de Vilar, e os membros do equipo de Xeiras do IEM, visitouse o conxunto de petróglifos desa estación.
Adobe Flash Player not installed or older than 9.0.115!
Medio centenar de persoas participaron na pasada xeira do mércores 17 de agosto, pola obra de Antonio Palacios no Val Miñor. A visita ao Templo Volitivo e a súa contorna estivo a cargo da guía de Xosé Ramón Iglesias.