| Centos de narices de pallaso homenaxearon a Vidal Bolaño no Val Miñor. |
|
-Unha vida dramática, o espectáculo teatral deseñado por Miguel Anxo Mouriño foi estreado nun abarrotado Auditorio Lois Tobío, na celebración do Día das Letras Galegas. -Centos de narices vermellos simbolizaron a homenaxe do público ao gran dramaturgo que foi lembrado ao longo da obra e con pasaxes audiovisuais da súa pegada no cine e a televisión. |
| Noite de estrelas e lobos na Serra da Groba. |
|
|
|
| Xeiras - Calendario | |||
| Escrito por Alvaro | |||
| Xoves, 09 Agosto 2012 21:30 | |||
|
Continúan as Xeiras 2012 que organiza o Instituto de Estudos Miñoranos. Esta semana, coa colaboración da Agrupación Astronómica Rías Baixas, para unha "Noite de estrelas e lobos" na Chan da Lagoa na Serra da Groba (Baiona). Visitaremos un vello foxo de lobos e, coa axuda dos asistentes, daremos caza ao espírito do lobo que metía medo aos vellos habitantes e gando da nosa serra da Groba. Cando nos pase o susto teremos tempo para que un membro da Asociación Astronómica Rías Baixas –con permiso da climatoloxía- nos ilustre sobre o ceo de verán, no marco da previa ás históricas Bagoas de San Lourenzo (Perseidas). Dado que parte do percorrido será nocturno recomendamos levar lanternas e, previsoriamente, roupa de abrigo, así coma algún instrumento para facer ruído e escorrentar ao lobo. Non sobrará algunha manta ou toalla grande para pór no chan e poder mirar para o ceo nunha posición cómoda. E, se cadra, bebida quente ( chocolate, café, té, etc). Detalles da Xeira • Venres, 10 de agosto de 2012 • Hora: 21,00 • Saída de Chan da Lagoa. • Guías: Xilberte Manso (IEM) , Gustavo Sanromán (A.A.R.B.) Preme aquí para descargar o mapa coa localización Preme aquí para descargar o folleto informativo da Xeira
|