| O mal funcionamento das depuradoras e o tratamento deficiente do lixo industrial comprometen o futuro da Ría de Vigo. |
|
A contaminación e degradación das augas e a biodiversidade da Ría de Vigo están relacionadas cun tratamento deficiente das augas residuais urbanas, así como pola existencia de diversas instalacións industriais asentadas na zona, afirmaron os membros da Plataforma pola defensa da Ría de Vigo durante a presentación dun informe de situación no Instituto de Estudos Miñoranos. A denuncia xa está presentada ante a comisión de Peticións do Parlamento Europeo que a finais de xuño presentará un informe con recomendacións que seguramente "rematará nun bo tirón de orellas" ás autoridades opinou o presidente do colectivo, Serxio Regueira.
|
| Faladoiro informativo sobre a Banca Ética en Galicia a través do Proxecto FIARE, no IEM. |
|
|
|
| O IEM - Novas | |||
| Escrito por IEM | |||
| Martes, 19 Xuño 2012 20:49 | |||
|
O vindeiro venres 22 de xuño ás 20:30 horas un equipo de voluntarios de FIARE brindará unha charla informativa sobre o seu proxecto cara a unha "Banca ética", na Aula de Cultura Ponte de Rosas. FIARE nace en España no ano 2003 e dende 2004 vén funcionando como prestadora de servizos financeiros de Banca Popolare Etica, unha entidade de referencia na banca ética europea. En xaneiro de 2010 constituíuse a territorial galega, Asociación Fiare Galiza (Fiare GZ), a que se atopa nestes momentos na formación dunha cooperativa de crédito. O faladoiro estará dirixido a informar dos principios éticos que rexen esta actividade financeira, o estado actual do seu desenrolo no país, así como as distintas posibilidades que ten as institucións sociais e particulares de participar do proxecto. Para descargar o díptico informativo de FIARE preme aquí.
|